Boas
a todas e todos!
Na
seguinte sesión reflexionamos sobre un artigo que nos chamou bastante a
atención, estaba dedicado ás persoas que dormen nos McDonald’s 24H en Hong
Kong, cidade que alberga a sete millóns de habitantes dos que se calcula que 1
de cada 5 viven en situación de pobreza extrema (Liu, 2015). Isto achácase a
varias razóns: o envellecemento da poboación, os prezos inmobiliarios dificilmente
alcanzables e os salarios estancados.
![]() |
| Dispoñible en: http://www.semana.com/mundo/galeria/mcdonalds-ciudadanos-en-hong-kong-duermen-en-sus-locales/448858-3 |
Os
países asiáticos son, polo xeral, obxecto de profundos contrastes e no caso de
China acentúanse máis as diferenzas entre o norte (rural) e o sur (urbano). A
cidades das principais capitais asiáticas están superpoboadas, o manexo de tal
cantidade de persoas non é fácil e menos en países que se atopan en vías de
desenvolvemento.
No
caso de China e India a demografía converteuse nun problema e decidiron
adoptaar políticas de redución da natalidade, as cales tiveron como
consecuencia a curto prazo o envellecemento da poboación, anteriormente citado.
Este feito contribúe a favorecer a descompensación entre a poboación activa e
inactiva, ademais da sociedade patriarcal que domina a vida pública nestes
países.
A
erradicación da pobreza constitúe un dos principais Obxectivos do Milenio da
ONU (Organización das Nacións Unidas), porén, conseguilo
require dun cambio de mentalidade sobre o concepto de economía asociada ao
crecemento cara unha economía baseada na equidade e a concienciación medio
ambiental.
A valoración das imaxes en nenos/as de EP pode dar lugar a diferentes opinións. Dende o noso punto de vista, consideramos que podemos abarcar problemas como a seguridade (tanto na situación laboral coma na rúa), o posible veto dos medios de comunicación, os problemas asociados ao lixo recollido no pequeno espazo no que viven sete millóns de persoas (aproximadamente), a desigualdade social, a densidade de poboación, contaminación, precariedade laboral, consumismo, clases sociais, etc. Claramente dedicado aos dous últimos cursos de EP.
Por outra parte, non se coñece moi ben a realidade que viven os países citados e non se pode asegurar a información
dada, polo que a procura de diferentes puntos de vista se converte nun dos mecanismos para a acción crítica. Igualmente, non é necesario ir a China para buscar este tipo de
problemas, aquí en Galicia tamén sucede, a aprendizaxe pode ser global,
unindo o que está afastado co máis próximo. Por iso, este tipo de actividades onde se mestura e se entrelaza a información favorece a empatía e as actitudes solidarias.
Referencias
Liu, J. (2015). "McRefugiados": la
desolada noche de los indigentes que duermen en un McDonalds en Hong Kong. Recuperado de: http://www.bbc.com/mundo/noticias/2015/10/151028_economia_hong_kong_refugiados_mcdonalds

No hay comentarios:
Publicar un comentario