martes, 10 de mayo de 2016

Tha last one...

Boas a todas e todos! Esta semana rematamos o período lectivo polo que decidimos facer unha valoración final sobre o aprendido nestas últimas semanas. Prometemos seguir escribindo sobre as cuestións sociais que nos afectan no día a día así que non nos perdades de vista!

Para comezar falaremos sobre o blogue como ferramenta auxiliar no proceso de E-A,  a continuación explicaremos resumidamente os contidos que aprendemos e a súa aplicación á didáctica escolar e, por último, valoraremos globalmente a utilidade das CCSS na Educación Primaria (EP).

Consideramos o blogue como unha plataforma que empregamos (no noso caso) para plasmar as conclusións ás que chegamos mediante o traballo dos contidos semanais da materia, reflexionando sobre o aprendido e así poder ver unha progresión a longo prazo. Neste caso, sendo sinceros, só tivemos cinco interactivas polo que a finalidade quedou moi reducida e decidimos abordar tamén problemáticas que nos incumben como parte da sociedade.

Por outra parte, como ben sabedes, a materia de coñecemento do medio divídese en dúas partes que se traballan de forma separada. Se ben é certo que existe unha diferenciación entre ambas a nivel técnico, tamén é certo que se interrelacionan entre si e non é posible a percepción dun mundo no que o natural e o social seguen vías distintas. Isto é perfectamente demostrable nas repercusións no medio natural das accións humanas, por exemplo. 
A verdade é que o tema da didáctica das CCSS en EP quedou reducida a unha interactiva, a cal trataba as futuras solucións posibles, probables e desexables dun determinado problema (sendo este o máis real posible). Consideramos esta parte como unha das máis frouxas da materia e ao mesmo tempo unha das máis importantes para a nosa formación como mestras/es, supoñendo unha descompensación entre os contidos e a didáctica aportada. 

Para rematar, é obvio que as cuestións sociais forman parte de nós como persoas e tamén como membros dunha comunidade máis ampla. O feito de tomar consciencia de que non somos os únicos no mundo é o primeiro paso para visualizar o alcance das accións a longo prazo, que afectarán ás xeracións vindeiras. Polo tanto, as CCSS constitúen unha parte fundamental no desenvolvemento de actitudes respectuosas e tolerantes, formándonos como persoas. 



jueves, 5 de mayo de 2016

Visita ao CIAC

Boas a todas/os! 

Hoxe acudimos ao Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) en vistas de coñecer mellor o que nos rodea. A súa premisa fundamental parte da comprensión de Santiago, do seu medio natural e da necesidade da súa preservación cara as novas xeracións. A cidade é diversa e está composta por múltiples elementos que dependen uns dos outros, coa necesidade de relacionarnos coa contorna. 

referencia: http://dus.santiagodecompostela.org/images/CIAC/ciacpres.jpg

Ao chegar accedemos ao recinto e fomos partícipes dun xogo (levado a cabo con nenas/os de EP) que se trataba de construír unha casa partindo dun suposto: vivir nunha vila que se sostén unicamente a partir dos beneficios que xera unha frondosa carballeira. Concluímos que os beneficios da vila se poderían obter da explotación da madeira, o turismo, a enerxía biomasa, o cortizo…  e partindo disto dividímonos en catro grupos no que cada un empregaría diferentes recursos (tesoiras, lapis, folios, maquetas dunha casa, cores…) para fabricar a súa casa. Ademais, contaríamos con diñeiro ficticio para poder pagar os materiais que, dependendo da súa historia de fabricación, custaría a eliminación de varias árbores na nosa vila.

Ao comezar decidimos organizarnos en dous grupos coa finalidade de aforrar materiais e facer a nosa propia casa intentando empregar o menor número de recursos dispoñibles. Durante os 15 minutos dos que dispuxemos traballamos en equipo e mentres uns ían recortando as maquetas outros ían pegándoas e construíndo a casa (con xardín, mesas, bancos, casetas, invernadoiros… ). Ao rematar decatámonos de que aínda que aproveitamos bastante ben os recursos quedaran residuos e non sabiamos que vida darlles. Entre todos os participantes acordamos realizar unha obra social con eles, como por exemplo un local cultural que beneficiase a toda a comunidade.

Despois de tomar consciencia de que o traballo en equipo, a cooperación, o compartir recursos e dialogar cara a solución dun problema sempre é a mellor vía de escape, reflexionamos durante uns minutos sobre a regulación dos recursos e as consecuencias que pode levar un uso inadecuado dos mesmos (deforestación, no noso suposto). A continuación, dividímonos en seis grupos e cada un recorreu unha das estancias do recinto dedicadas a: a auga, a enerxía, o tratamento de residuos, a cidade como intermediaria, a comunicación e os espazos verdes como medio natural. 

 referencia: http://dus.santiagodecompostela.org/images/CIAC/parbelvis.jpg

Cada grupo expuxo os contidos e obxectivos que se poderían traballar co alumnado de EP nunha visita programada ao CIAC. Por exemplo, relacionado coa auga, sería necesario botar unha ollada ao consumo diario/semanal/mensual/anual dunha familia dependendo do lugar de residencia, a concienciación ambiental supón un dos obxectivos que fixamos todos os grupos, así como centrar os esforzos en reducir o consumo innecesario de recursos (tanto renovables como non renovables). No noso grupo en concreto, tratamos o tema da xestión de residuos a través das famosas 3R (Reciclar, Reducir e Reutilizar) e sinxelos trucos que poderían contribuír á preservación do medio ambiente. Por exemplo, plantar unha árbore e decorala por Nadal en vez de tirala unha vez pasadas as vacacións ou empregar outras fabricadas artificialmente. Outro exemplo podería ser crear o noso propio abono para a horta (se é o caso) a partir dos residuos orgánicos que xeramos na casa. 

Por último, agradecer a todos os integrantes do CIAC o seu traballo, esforzo e tempo dedicado para facer desta visita unha experiencia nova e dinámica. 

Esperamos que vos gustase! Un saúdo!


Referencias consultadas

martes, 3 de mayo de 2016

GRANXA FAMILIAR

En la clase expositiva de esta semana nos presentaron las granjas familiares. Estas granjas surgieron a partir de un análisis de la producción agraria familiar destinado al autoconsumo y a la comercialización por diferentes canales informativos.

Las “Granxas Familiares” nacen a partir de una investigación llevada a cabo en Galicia e Irlanda entre el año 2003 y 2006 por un Grupo de Investigación Sociedad, Tecnología y Territorial del Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (GIS-T IDEAGA) de la Universidad de Santiago de Compostela. Ahora mismo esta asociación la forman 24 agricultores de toda Galicia.

referencia: https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgg2hYkaS3b_uj1qtwJGf7J1kipai0AMK-R5ou6-wvtmZmvLFEKJWnPLKpptePQruLA0voC_EWZfMW8lB3z1rONDTs5b9BYMNtP3-bHsu-60JJZINgwz2LA2IgDtAjnJ0NcDLdkUhOsZks/s1600/granxaf.png

Para llevar a cabo este proyecto se firmó un convenio entre:

  • Universidad de Santiago de Compostela.
  • Ayuntamiento de Brión.
  • Ayuntamiento de Antas de Ulla.
  • Obra social la Caixa Galicia (Abanca).
  • Fundación Feiraco.
  • Cáritas Diócesis de Santiago de Compostela.

El objetivo principal, es incrementar las rentas familiares, la comunicación directa entre las familias urbanas y las rurales, así de esto modo, se revalorizará la cultura gallega a través de las nuevas tecnologías. Como conceptos asociados nos citaron los siguientes: Desarrollo sostenible, comercio justo, producción del minifundio, desempleo juvenil en el medio rural y las nuevas tecnologías.

El funcionamiento es sencillo, en primero lugar, el consumidor debe elegir a través de su Página web (granjasfamilais.com), Facebook…, la granja que más le agrade. Después debe de ponerse en contacto con los encargados de la granja., y por último, realizar la compra para que ésta sea enviada a su domicilio. Gracias a este mecanismo existe una relación más directa entre el productor y el consumidor, siendo suprimido cualquier tipo de intermediario.

En el 2008 surge una asociación sin ánimo de lucro, ADAF. Esta asociación está constituida, tanto por los miembros de las Granxas familia, como por el Grupo de Investigación Sociedad, Tecnología y Territorial del Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (GIS-T IDEAGA) de la Universidad de Santiago de Compostela. Esta asociación comparte los mismos fines que la Granxa Familiar y pretende darles continuidad y gestionarlos. Además de todo esto, también tiene el mismo modelo de presentación del producto.

referencia: https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjrWHs50BQrxPTuw5VRmBYoozxXjOTHECAQGVyPWjQqn9awZj1mEaV0LVF8AR263N7IHSnJPeKurSgbOTH2seTfN4XfIfhW1qQYllgyKVEbLBZNPJQGC2Cd42xcVbYYGtbBVe7qqcCs4OJf/s1600/elpais1.jpg

Una de las características, además de la naturalidad de los productos, es que no siempre tienen los mismos, sino que en cada momento y, atendiendo a la estación del año, nos presentan los llamados “de temporada”.

Por último, las Granjas Digitales o granjas escuela, están destinadas a los escolares. A través de ellas se pueden concretar citas con el fin de que los alumnos puedan relacionares con el medio rural.

_________________
Referencia: Granxa Familiar