Boas a todas/os!
Hoxe acudimos ao Centro de
Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) en vistas de coñecer mellor o que
nos rodea. A súa premisa fundamental parte da comprensión de Santiago, do seu
medio natural e da necesidade da súa preservación cara as novas xeracións. A
cidade é diversa e está composta por múltiples elementos que dependen uns dos
outros, coa necesidade de relacionarnos coa contorna.
referencia: http://dus.santiagodecompostela.org/images/CIAC/ciacpres.jpg
Ao chegar accedemos
ao recinto e fomos partícipes dun xogo (levado a cabo con nenas/os de EP) que
se trataba de construír unha casa partindo dun suposto: vivir nunha vila que se
sostén unicamente a partir dos beneficios que xera unha frondosa carballeira. Concluímos
que os beneficios da vila se poderían obter da explotación da madeira, o
turismo, a enerxía biomasa, o cortizo… e
partindo disto dividímonos en catro grupos no que cada un empregaría diferentes
recursos (tesoiras, lapis, folios, maquetas dunha casa, cores…) para fabricar a
súa casa. Ademais, contaríamos con diñeiro ficticio para poder pagar os
materiais que, dependendo da súa historia de fabricación, custaría a
eliminación de varias árbores na nosa vila.
Ao comezar decidimos
organizarnos en dous grupos coa finalidade de aforrar materiais e facer a nosa
propia casa intentando empregar o menor número de recursos dispoñibles. Durante
os 15 minutos dos que dispuxemos traballamos en equipo e mentres uns ían
recortando as maquetas outros ían pegándoas e construíndo a casa (con xardín,
mesas, bancos, casetas, invernadoiros… ). Ao rematar decatámonos de que aínda
que aproveitamos bastante ben os recursos quedaran residuos e non sabiamos que vida darlles. Entre todos os participantes acordamos realizar unha obra
social con eles, como por exemplo un local cultural que beneficiase a toda a
comunidade.
Despois de tomar
consciencia de que o traballo en equipo, a cooperación, o compartir recursos e
dialogar cara a solución dun problema sempre é a mellor vía de escape, reflexionamos durante uns minutos sobre a regulación dos recursos e as consecuencias que pode levar un uso inadecuado dos mesmos (deforestación, no noso suposto). A continuación, dividímonos en seis
grupos e cada un recorreu unha das estancias do recinto dedicadas a: a auga, a
enerxía, o tratamento de residuos, a cidade como intermediaria, a comunicación
e os espazos verdes como medio natural.
referencia: http://dus.santiagodecompostela.org/images/CIAC/parbelvis.jpg
Cada grupo expuxo os contidos e obxectivos que se poderían traballar co alumnado de EP nunha visita programada ao CIAC. Por exemplo, relacionado coa auga, sería necesario botar unha ollada ao consumo diario/semanal/mensual/anual dunha familia dependendo do lugar de residencia, a concienciación ambiental supón un dos obxectivos que fixamos todos os grupos, así como centrar os esforzos en reducir o consumo innecesario de recursos (tanto renovables como non renovables). No noso grupo en concreto, tratamos o tema da xestión de residuos a través das famosas 3R (Reciclar, Reducir e Reutilizar) e sinxelos trucos que poderían contribuír á preservación do medio ambiente. Por exemplo, plantar unha árbore e decorala por Nadal en vez de tirala unha vez pasadas as vacacións ou empregar outras fabricadas artificialmente. Outro exemplo podería ser crear o noso propio abono para a horta (se é o caso) a partir dos residuos orgánicos que xeramos na casa.
Por último, agradecer a todos os integrantes do CIAC o seu traballo, esforzo e tempo dedicado para facer desta visita unha experiencia nova e dinámica.
Esperamos que vos gustase! Un saúdo!
Referencias consultadas
CIAC: Centro de
Interpretación Ambiental de Compostela. (2016).
Recuperado de: http://dus.santiagodecompostela.org/index.php?option=com_content&view=article&id=223:bienvenidos-ciac-esp&catid=149:ciac-es&Itemid=283&lang=es
Dende o noso grupo pensamos que, para Educación Primaria, a primeira parte da visita resulta moi interesante pese a que a zona de exposición ten demasiada información, non moi visual. O que a faría maís interesante.
ResponderEliminarfirmado: http://aoteuredor.blogspot.es/
Os compoñentes de "diariodesociais.blogspot.com.es", estamos de acordo en que o CIAC é moi recomendable para realizar un traballo de concienciación e formación ao alumnado de primaria, en canto temas coma 3R, sostenibilidade, sustentablidade...
ResponderEliminarPensamos que todo isto se pode ver reflectido tamén a nivel de centro escolar si existe a posibilidade de desenvolver unha horta escolar.
Un saúdo
diariodesociais.blogspot.com.es