Boas
a todas e todos! Esta semana rematamos o período lectivo polo que decidimos
facer unha valoración final sobre o aprendido nestas últimas semanas. Prometemos
seguir escribindo sobre as cuestións sociais que nos afectan no día a día así que
non nos perdades de vista!
Para
comezar falaremos sobre o blogue como ferramenta auxiliar no proceso de E-A, a continuación explicaremos resumidamente os
contidos que aprendemos e a súa aplicación á didáctica escolar e, por último,
valoraremos globalmente a utilidade das CCSS na Educación Primaria (EP).
Consideramos
o blogue como unha plataforma que empregamos (no noso caso) para plasmar as
conclusións ás que chegamos mediante o traballo dos contidos semanais da
materia, reflexionando sobre o aprendido e así poder ver unha progresión a
longo prazo. Neste caso, sendo sinceros, só tivemos cinco interactivas polo que
a finalidade quedou moi reducida e decidimos abordar tamén problemáticas que
nos incumben como parte da sociedade.
Por
outra parte, como ben sabedes, a materia de coñecemento do medio divídese en
dúas partes que se traballan de forma separada. Se
ben é certo que existe unha diferenciación entre ambas a nivel técnico, tamén é
certo que se interrelacionan entre si e non é posible a percepción dun mundo no
que o natural e o social seguen vías distintas. Isto é perfectamente
demostrable nas repercusións no medio natural das accións humanas, por exemplo.
A verdade é que o tema da didáctica das CCSS en EP quedou reducida a unha interactiva, a cal trataba as futuras solucións posibles, probables e desexables dun determinado problema (sendo este o máis real posible). Consideramos esta parte como unha das máis frouxas da materia e ao mesmo tempo unha das máis importantes para a nosa formación como mestras/es, supoñendo unha descompensación entre os contidos e a didáctica aportada.
Para rematar, é obvio que as cuestións sociais forman parte de nós como persoas e tamén como membros dunha comunidade máis ampla. O feito de tomar consciencia de que non somos os únicos no mundo é o primeiro paso para visualizar o alcance das accións a longo prazo, que afectarán ás xeracións vindeiras. Polo tanto, as CCSS constitúen unha parte fundamental no desenvolvemento de actitudes respectuosas e tolerantes, formándonos como persoas.
Boas!
ResponderEliminarDende "http://tenansia.blogspot.com.es/" tamén nos gustaría facer unha valoración final deste proceso.
Concordamos con vós en que a utilidade do blogue se viu bastante restrinxida debido ao baixo número de sesións interactivas realizadas; mais cabe comentar que a variedade destas sesións enriqueceu enormemente a calidade dos blogues.
Debido a isto, tamén nos gustaría resaltar que consideramos de especial relevancia aquelas entradas non relacionadas directamente cas sesións interactivas, pero que aportan información moi interesante que poderemos usar tanto a nivel de formación de profesorado, como para orientala ao traballo das CTS na Educación Primaria.
Por estes motivos consideramos moi positiva esta "andaina" polo mundo dixital, xa que nos achega estas informacións dun xeito cómodo, familiar e significativo.