Fai uns días o presidente de Estados Unidos, Barack Obama, viaxou a Alemaña para reunirse coa canciller Angela Merkel. Un dos motivos principais foi a xestión da crise de refuxiados en Siria por parte dos europeos (Doncel, 2016) e tamén a intensa campaña de relacións públicas a favor do Goberno alemán por parte da Administración estadounidense.
Porén, ademais destes motivos tamén se falou do TTIP, coñecido en España como a Asociación Trasatlántica de Comercio e Inversión, que pretende a negociación do libre comercio entre ambos continentes. Este acordo estase producindo con bastante opacidade entre a UE e EEUU o cal xera certa desconfianza por parte dos europeos. Unha vez concluídas as negociacións polas delegacións de ambas partes, deberá ser aprobado pola maioría cualificada e despois ratificarase polos parlamentos nacionais de cada estado membro.
Este tratado xerou polémica debido á súa privacidade e tamén as consecuencias que terá para a sociedade se non se regulan ben as restriccións legais. De feito, miles de persoas protestaron en Alemaña fai uns días (Gollnow, 2016), o 33% mostra o seu desacordo co tratado e o 17% considérao como algo positivo. Como se pode ver hai defensores e retractores do acordo, mais o seguinte vídeo explica dunha forma resumida como afectará á poboación europea:
O feito de considerar as negociacións a porta pechada non é un bo indicador, o vídeo trata en catro minutos algunhas das desventaxas do tratado para a clase traballadora europea, así como as consecuencias medioambientais que pode levar consigo: en EEUU están aprobados certos químicos e tratamentos hormonais de ganado que en Europa están prohibidos (a quen vai beneficiar?), a política do Fracking a cal está amplamente estendida (consiste na elevación da presión a partir da mestura de químicos e auga na terra co fin de aumentar os suministros de gasolina) xerará a contaminación da auga potable e o solo.
Tamén levará consigo consecuencias de carácter económico, como a posible desaparición dos dereitos vinculantes que protexen aos traballadores e escasos dereitos de folga. Outro punto é que se a lei afecta negativamente aos beneficios das corporacións, estas poden denunciar ao Estado polos danos ocasionados, todo isto a cargo dos contribuíntes.
Cabe dicir que as negociacións aínda se atopan a medio camiño e as previsións non se poden ter en conta a longo prazo, mais os presaxios non son bos no caso de ceder a todas as políticas de EEUU.
Doncel, L. (25 de abril do 2016). Obama sobre los refugiados: "Merkel está en el lado correcto de la historia". Recuperado de: http://internacional.elpais.com/internacional/2016/04/24/actualidad/1461516385_801671.html
Gollnow, S. (22 de abril do 2016). Manifestaciones en Alemania contra el TTIP por la visita de Obama. Recuperado de: http://www.publico.es/economia/manifestaciones-alemania-ttip-visita-obama.html
González García, J. (2014). 7 preguntas sobre el TTIP cuya respuesta deberías conocer. Recuperado de: http://www.eldiario.es/agendapublica/proyecto-europeo/preguntas-Tratado-Transatlantico-TTiP-respuesta_0_315669128.html
¿Qué es el TTIP y en qué te afecta? (2014). [Archivo de vídeo]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=hU8SsEtFvds
Con respecto a esta noticia, hemos encontrado un artículo que pone de manifiesto el apoyo que realizan los grandes partidos políticos al TTIP. Podemos observar que los partidos con tendencias conservadoras son los únicos en apoyar esta iniciativa, mientras que los otros se muestran reticentes a las propuestas del tratado. A continuación dejamos el enlace de la noticia para ampliar más información:
ResponderEliminarhttp://www.lamarea.com/2015/01/30/la-posicion-de-los-partidos-espanoles-sobre-el-ttip/